Aposta pola sanidade pública

Aposta pola sanidade pública

IMG_3574O BNG realizou esta mañá un reparto de folletos onde se informou a veciñas e veciños de Gondomar sobre a posibilidade de libre elección de hospital de referencia.

A función do BNG e da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública do Val Miñor, da que somos parte, é a de informar ás/aos veciñas/os de que se pode facer ese cambio e o que ese cambio implica, algo que non fai a Xunta de Galicia que é a quen correspondería. Logo cada persoa decidirá se solicita o cambio ou non.

É por esa razón, que a Plataforma convoca mañá, mércores 5 de novembro, ás 20h na Casa da Cultura de Gondomar, unha charla-coloquio na que profesionais da sanidade darán información acerca da Instrucción 7/2014 do SERGAS que establece o prazo e o procedemento polo cal as persoas que teñen de referencia para atención especializada ao hospital privado POVISA poidan elixir ter de referencia un hospital público, o CHUVI.

Ante a falla, unha vez máis, de información e transparencia por parte da Xunta de Galicia, a Plataforma convoca ás veciñas e veciños de Gondomar a este acto xa que considera que sen información non hai liberdade de escolla.

Sobre a libre elección de hospital

Aposta pola sanidade pública