O BNG de Gondomar reelixe o seu Consello Local

O BNG de Gondomar reelixe o seu Consello Local

A Asemblea Local do BNG en Gondomar celebrada onte reelixiu o seu Consello Local por unanimidade. A candidatura estaba encabezada por Álvaro Lores Frade, que foi referendado pola Asemblea Local para seguir representando o BNG na localidade.

O Consello Local de Gondomar volverá estar integrado así por Álvaro Lores (responsábel local), Ana Bringas, Bieito Álvarez Lobariñas e Marta Dacosta.

O reelixido responsábel local salientou na súa intervención os seus principais obxectivos nesta nova etapa, entre eles incrementar a militancia e achegar máis a organización a todas as persoas simpatizantes. Un dos retos que se marca a organización local é mellorar as canles de difusión do traballo realizado en Gondomar.

O BNG de Gondomar reelixe o seu Consello Local