Candidatura do BNG-Asembleas Abertas para as municipais en Gondomar

Candidatura do BNG-Asembleas Abertas para as municipais en Gondomar

FOTO_BNGO Bloque Nacionalista Galego aprobou por unanimidade a candidatura coa que concorrerá ás eleccións municipais do vindeiro 24 de maio. A elección realizouse en asemblea aberta, como parte do proceso que denominamos Construíndo futuro, que se fundamentou na convocatoria de asembleas abertas en todas as comarcas coa finalidade de posibilitar a participación activa da nosa base social máis alá das propias siglas do BNG.

A candidatura do BNG-Asembleas Abertas para Gondomar é unha candidatura paritaria na que se empregaron criterios de alternancia de xénero, compromiso co traballo a nivel social: no veciñal, cultural, asociativo ou sindical, ao tempo que se quixo contar tamén con persoas de distintas parroquias de Gondomar. A candidatura será completada máis adiante cos postos suplentes, para os que xa se están confirmando varias persoas e que completarán ese abano representativo no participativo e no xeográfico.

A candidatura está encabezada por Manuela Rodríguez Pumar e péchaa Antón García, quen foi concelleiro do BNG nas lexislaturas de 2003-2007 e 2007-2011, sendo nesta última concelleiro de Vías e obras durante o tempo en que a alcaldía lle correspondeu ao BNG. Na asemblea elixiuse tamén a Eduardo García Parada como candidato do BNG á Entidade Menor de Morgadáns

Esta é a candidatura aprobada:

1. Mª Manuela Rodríguez Pumar

2. Alfredo López Fernández

3. Mercedes Fernández Vázquez

4. Bieito Álvarez Lobariñas

5. Josefina Álvarez Palmas (independente)

6. Fernando Rei Goris (independente)

7. Ana Bringas López

8. Lorenzo Rodríguez Dacosta (independente)

9. Mercedes Domínguez Santomé (independente)

10. Álvaro Lores Frade

11. Helena Quintas Alborés

12. Aldán López Dacosta (Galiza Nova)

13. Xosé Lois Ruíz Vicente

14. Susana Catalina Fernandez Hermida (independente)

15. Xavier Gómez Guinovart

16. Marta Dacosta Alonso

17. Antón García Fernández