Coñece a nosa candidatura

Coñece a nosa candidatura

candidatura2015A candidatura para Gondomar do BNG-Asembleas Abertas nas eleccións municipais do vindeiro 24 de maio está formada por mulleres e homes do noso concello dispostos a traballar con seriedade, compromiso e ilusión. Persoas honradas e honestas que desexan construír unha alternativa de futuro para Gondomar e para Galiza. Persoas afiliadas ao BNG e independentes comprometidas socialmente a diferentes niveis, persoas recoñecidas polo seu traballo nos ámbitos veciñal, asociativo, cultural, sindical, educativo e feminista.

A candidatura está encabezada por Manuela Rodríguez Pumar e péchaa Antón García, quen foi concelleiro do BNG nas lexislaturas de 2003-2007 e 2007-2011, sendo nesta última concelleiro de Vías e obras durante o tempo en que a alcaldía lle correspondeu ao BNG. Manuela Rodríguez Pumar, a nosa candidata á alcaldía do Concello, iniciouse en política coa Plataforma Veciñal Independente, creada no seu día para dar unha alternativa democrática a Gondomar e superar a continuidade dun alcalde que viña do franquismo. Desde entón, implicouse na política municipal e comezou militar no BNG. No BNG ocupou e ocupa diversas responsabilidades, chegando ser responsábel comarcal de Vigo. Na actualidade é a responsábel de organización da comarca e integrante do Consello Nacional do BNG. En Gondomar, Manuela R. Pumar é unha persoa recoñecida polo seu traballo no ámbito veciñal, cultural e nas ANPAs, e actualmente participa activamente en diversas entidades e colectivos sociais.

Coñece as compañeiras e compañeiros que forman parte do noso proxecto:

1. Mª Manuela Rodríguez Pumar

2. Alfredo López Fernández

3. Mercedes Fernández Vázquez

4. Bieito Álvarez Lobariñas

5. Josefina Álvarez Palmas (independente)

6. Fernando Rei Goris (independente)

7. Ana Bringas López

8. Lorenzo Rodríguez Dacosta (independente)

9. Mercedes Domínguez Santomé (independente)

10. Álvaro Lores Frade

11. Helena Quintas Alborés

12. Aldán López Dacosta (Galiza Nova)

13. Xosé Lois Ruíz Vicente

14. Susana Catalina Fernandez Hermida (independente)

15. Xavier Gómez Guinovart

16. Marta Dacosta Alonso

17. Antón García Fernández

Eduardo García Parada (candidato á Entidade Local Menor de Morgadáns)

Coñece a nosa candidatura