Primer aniversario da volta do BNG a corporación municipal de Gondomar

MANUELA RODRÍGUEZ PUMAR, PORTAVOZ DO BNG NO CONCELLO DE GONDOMAR
MANUELA RODRÍGUEZ PUMAR, PORTAVOZ DO BNG NO CONCELLO DE GONDOMAR

Manuela Rodríguez, portavoz municipal: “O BNG de Gondomar renova o compromiso adquirido hai un ano coa veciñanza”


O BNG edita un boletín informativo polo primeiro aniversario da súa volta á Corporación Municipal

Primer aniversario da volta do BNG a corporación municipal de Gondomar

O día 10 de xullo de 2019, hai agora un ano, celebrábase no Auditorio Municipal Lois Tobío o pleno do organización da nova corporación municipal saída das elección municipais de maio dese ano. Nesas eleccións a vontade de 450 persoas conseguiu que o BNG volvese formar parte da corporación municipal de Gondomar.

Hoxe, un ano despois, o BNG agradece novamente a representación outorgada: a acta da concelleira Manuela Rodríguez Pumar, que encabezaba a candidatura. Unha única acta que, a pesar dos atrancos por parte do goberno local, permite ao BNG cumprir o compromiso adquirido no propio día da constitución da Corporación: defender os dereitos e intereses xerais do conxunto da veciñanza e do pobo galego, e facer de Gondomar un concello participativo, comprometido coa nosa cultura, coa igualdade e coa xustiza social.

Así, neste primeiro ano transcorrido, “a acción política do BNG deu prioridade á relación cos colectivos sociais e sectoriais, plasmada logo en acción social e institucional: ANPAS, comerciantes, entidades culturais, deportivas, veciñais, sociais, colectivos de traballadoras”, indica a concelleira.

Outros dos piares da acción institucional do BNG está a ser a reclamación do dereito da veciñanza á participación na vida política municipal. “Por iso solicitamos levar a pleno a aprobación definitiva do Regulamento de Participación Veciñal; mais no debate correspondente, o Alcalde deixou claro que prefire furtarlles esa posibilidade a veciñanza e colectivos.

“Desde o BNG imos insistir na loita para facer efectivo o dereito á participación veciñal e seguiremos ofrecendo a nosa presenza na corporación municipal para dar voz as causas xustas”.

 

Boletín informativo que se editou polo primeiro aniversario da volta do BNG á Corporación Municipal.

 

BNG de Gondomar.

Primer aniversario da volta do BNG a corporación municipal de Gondomar