Renóvase o Consello e a Executiva da comarca

Fotografía: Jorge Santomé
Fotografía: Jorge Santomé
Renóvase o Consello e a Executiva da comarca

A Asemblea Comarcal do BNG en Vigo respaldou a renovación do  Consello e Executiva comarcais co 83% dos votos emitidos. Manuel Caride resultou elixido responsable comarcal.

Segundo destacou Manuel Caride na súa intervención, “ninguén pode pór en dúbida que a defensa do emprego e das políticas sociais teñen que ser, loxicamente, a principal preocupación dunha comarca en crise como é a de Vigo”.

Así mesmo, Manuel Caride afirmou que para o BNG “a resposta a esta situación de crise económica, social e política que estamos a padecer pasa, obrigatoriamente, por unha aposta decidida pola soberanía nacional de Galiza”.

Ao seu xuizo, a soberanía debe entenderse “como a capacidade de decidir como solucionar os nosos problemas e defender os nosos intereses”, polo que asegurou que estas dúas liñas serán as que marquen esta etapa do Bloque comarcal vigués.

O Consello Comarcal, como dirección política da comarca está formado por 25 persoas de escolla directa pola Asemblea, ás que hai que sumar os e as responsábeis locais e a persoa representante de Galiza Nova. Neste Consello Comarcal, Gondomar está representado por cinco persoas as cales se sumará a persoa que resulte elixida como nova responsábel local na nosa localidade nunha vindeira asemblea.