A nosa candidatura

A candidatura para Gondomar do BNG nas eleccións municipais do vindeiro 26 de maio está formada por mulleres e homes do noso concello dispostos a traballar con seriedade, compromiso e ilusión. Persoas honradas e honestas que desexan construír unha alternativa de futuro para Gondomar e para Galiza. Persoas afiliadas ao BNG e independentes comprometidas socialmente a diferentes niveis, persoas recoñecidas polo seu traballo nos ámbitos veciñal, asociativo, cultural, sindical, educativo, feminista, ambiental.
A candidatura está encabezada por Manuela Rodríguez Pumar e péchaa Ana Bringas, candidata do BNG ás eleccións europeas que se celebran o mesmo día. Manuela Rodríguez Pumar, a nosa candidata á alcaldía do Concello, iniciouse en política coa Plataforma Veciñal Independente, creada no seu día para dar unha alternativa democrática a Gondomar e superar a continuidade dun alcalde que viña do franquismo. Desde entón, implicouse na política municipal e comezou militar no BNG. No BNG ocupou e ocupa diversas responsabilidades. Na actualidade é a responsábel de organización da comarca de Vigo e reponsábel local e de acción municipal do BNG en Gondomar. Manuela R. Pumar é unha persoa recoñecida polo seu traballo no ámbito veciñal, cultural e nas ANPAs, e actualmente participa activamente en diversas entidades e colectivos sociais.
Coñece as compañeiras e compañeiros que forman parte do noso proxecto:
4. Xurxo Antúnez Gómez "O Terrible"
6. Alfredo López Fernández "Tokio"
10. Francisco Xavier Gómez Guinovart
13. Susana Catalina Fernandez Hermida
Suplentes:
Candidato á Entidade Local Menor de Morgadáns: