Eduardo García Parada, candidato a Entidade Local Menor de Morgadáns

EDUARDO GARCÍA PARADA
EDUARDO GARCÍA PARADA
Eduardo García Parada, candidato a Entidade Local Menor de Morgadáns

Son veciño do Lago, Morgadáns. Estudei Física en Compostela e son Doutor pola Universidade de Vigo.

Son profesor no Instituto Politécnico de Vigo. Tamén imparto aulas no Mestrado de Formación do Profesorado e de Física nas Escolas de Enxeñaría da Universidade de Vigo.

Participei activamente na organización da "Semana Galega de Filosofía" desde 1995 até o ano 2010.

Fun membro fundador e coordinador de Nais e Pais polo Ensino en Galego. De 2000 a 2002 fun Vicepresidente e membro da Comisión Permanente d’A Mesa pola Normalización Lingüística.

Estou afiliado ao BNG desde o ano 1993. E moi contento de poder participar nesta candidatura e contribuír a mellorar Morgadáns.