Manuel Álvaro Lores Frade, suplente número 3 da candidatura do BNG de Gondomar

MANUEL ÁLVARO LORES FRADE
MANUEL ÁLVARO LORES FRADE
Manuel Álvaro Lores Frade, suplente número 3 da candidatura do BNG de Gondomar

Nado en Vigo en maio do 1960. Estudei BUP, COU e ciclos superiores de FP en informática e administración de empresas. Traballo nunha empresa de loxística avanzada.

O meu compromiso con Galiza e coa clase traballadora, tradúcese na escolla da militancia no BNG como ferramenta política acaída, pola súa coherencia, seriedade e loita continua na súa defensa.