María Manuela Rodríguez Pumar, candidata á Alcaldía de Gondomar

MARÍA MANUELA RODRÍGUEZ PUMAR
MARÍA MANUELA RODRÍGUEZ PUMAR
María Manuela Rodríguez Pumar, candidata á Alcaldía de Gondomar

Son Manuela R. Pumar, unha muller galega da parroquia de Peitieiros-Gondomar.

Profesionalmente son administrativa-contable, mais a miña verdadeira vocación foi sempre o activismo social, a implicación decidida nos movementos veciñal e asociativo. Así, desde moi nova e ao longo da miña vida, estiven vinculada a multiples e diversas entidades e colectivos sociais. Na actualidade fago parte da Xunta Xestora da Coordinadora de Entidades Veciñais de Gondomar, son a Portavoz da Asemblea Veciñal por un Transporte Digno para Gondomar, e colaboro estreitamente coa Asociación Cultural Centáurea de Gondomar.

O meu activismo social derivou de xeito natural en compromiso político, xa que entendo que só desde a acción política se poden materializar as demandas e reivindicacións dos colectivos sociais. É a ferramenta imprescindible para poder transformar a realidade.

Esa é razón pola que me presento como candidata á Alcaldía de Gondomar. Para mudar o noso concello mellorando a calidade de vida do conxunto das persoas que o formamos; para convertelo nun lugar do que orgullármonos colectivamente.