Pablo Durán Fernández, número 2 da candidatura do BNG de Gondomar.

PABLO DURÁN FERNÁNDEZ
PABLO DURÁN FERNÁNDEZ
Pablo Durán Fernández, número 2 da candidatura do BNG de Gondomar.

Teño 24 anos e nacín aquí, en Gondomar. Vivo dende cativo en Borreiros, e durante catro anos trasladeime a Lugo, onde estudei para mestre de Educación Primaria. Compaxinei traballo con estudos tanto alí coma na casa, e regresei tras rematar a Universidade, para preparar as oposicións, sen deixar de traballar.

Durante a miña formación fun partícipe do movemento estudantil da man da Liga Estudantil Galega, sendo representante de estudantes na miña Facultade, formando parte da Comisión de Normalización Lingüística e ‘’Proxéctate en Galego’’. Máis tarde, participei en Erguer Estudantes da Galiza, en Lugo, Vigo e no Val Miñor.

Tamén formei parte de Espazo Lectura na nosa vila, ao que agardo volver activamente cando remate o proceso opositor. Actualmente manteño contacto e traballo con organizacións xuvenís e culturais, como Cultura do País ou Mar de Lumes.

Formo parte da candidatura porque penso no BNG como ferramenta política para Gondomar na dinamización e mellora laboral, cultural, na participación cidadá, na distribución de recursos entre parroquias, e por suposto, na optimización dos servizos públicos.