Xosé Lois Ruiz Vicente, número 16 da candidatura do BNG de Gondomar

XOSÉ LOIS RUIZ VICENTE
XOSÉ LOIS RUIZ VICENTE
Xosé Lois Ruiz Vicente, número 16 da candidatura do BNG de Gondomar

Son de Vigo e vin vivir a Vilaza hai 21 anos. Xubilado e a piques de cumprir os 65 anos, levo no BNG dende a súa fundación, teimando no proxecto de construír unha sociedade máis xusta e máis galega. Agora, a tarefa é espallar en Gondomar toda a experiencia e bon facer que temos demostrado en tantos concellos a xente do Bloque. E é que non defraudamos!