En defensa do ensino público

En defensa do ensino público

Este venres día 15, ás 20 horas, no IES Terra de Turonio, en Gondomar, a Federación de Anpas do Val Miñor e a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público organizan unha charla-coloqio sobre a LOMCE na que intervirán Manuela Rodríguez Pumar, Marta Dacosta e Uxía Vázquez.

Convidámosvos a participar desta charla-coloquio e coñecer o contido desta lei, destrutiva para o ensino público.

Sabedes que esta lei prevé que o Consello Escolar deixe de ser un órgano de goberno e que as súas competencias pasen á persoa directora?

 Sabedes que esta lei prevé a realización de varias reválidas e que sen aprobalas non se poderá titular na ESO nin no Bacharelato, aínda que se aproben todas as materias?

  Sabedes que esta lei coloca a nosa lingua en inferioridade de condicións respecto das demais materias?

Estas son soamente algunhas pinceladas dos cambios que introduciría a lei.

Animádevos a participar.