ROMPEMOS CO POLÍTICAMENTE CORRECTO PORQUE ,COMO DI A NOSA PORTAVOZ NACIONAL, "ANTE A DESIGUALDADE E A VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES NON CABEN MEDIAS TINTAS".

“O mais grande de Galiza está até a cona”, lema da campaña do BNG para o 8 de marzo

“O mais grande de Galiza está até a cona”, lema da campaña do BNG para o 8 de marzo

Pois si! Pode soar un pouco forte, mais desde o BNG pensamos que coa que está caendo (discriminación laboral, violencia machista, ataques á folga feminista...) temos motivos de sobra para rachar desta volta coa corrección política e responder, con retranca e humor pero tamén con contundencia, as nefastas políticas do Partido Popular en materia de igualdade. Por acción e por omisión son responsábeis de perpetuar a situación de desigualdade que sufrimos as mulleres galegas. Por iso, aborrecidas de campañas hipócritas cada 8 de marzo, hoxe lanzamos esta resposta á campaña da Xunta.

Cartaz e folleto da campaña. 

Manifestación nacional feminista o 4 de marzo en Vigo #4mVouaVigo

As mulleres galegas organizadas na Asemblea Galegas 8M convocan, no marco da histórica Folga de Mulleres deste 8 de marzo de 2018, unha manifestación nacional en Vigo o domingo 4 de marzo que o BNG apoia.

A manifestación sairá ás 12.00 da Vía Norte (esquina con Urzáiz) e rematará na Praza do Berbés, onde ao remate da mobilización están previstas actuacións ao longo da tarde.

Aquí podes leer e apoiar o manifesto.

Folga Feminista do 8 de marzo #8mEuParo

O BNG de Gondomar apoia a Folga Feminista do 8 de marzo, unha convocatoria internacional que será histórica e chama ás mulleres a facer folga laboral, de consumo e de coidados. Recordamos tamén que este 8 de marzo son as mulleres quen están chamadas a protagonizar esta folga e que o papel dos compañeiros homes debe ser non o de facer folga, senón o de botar unha man para favorecer o seu éxito e a participación das mulleres. Na Galiza, as organizacións e colectivos feministas do país organizan a resposta galega e aquí tes máis información sobre esta as súas razóns.

Nesta ligazón tes toda a información dos paros

BNG.