A EMPRESA XUSTIFICA O INCUMPRIMENTO POLOS DANOS QUE OCASIONAN OS PASOS DE PEÓNS SOBREELEVADOS NOS AUTOBUSES.

O BNG denuncia novamente a suspensión do servizo de transporte público a Chaín, Morgadáns, Peitieiros e Couso en varios dos seus horarios

IMG_20170906_174001
Estación autobuses de Gondomar
O BNG denuncia novamente a suspensión do servizo de transporte público a Chaín, Morgadáns, Peitieiros e Couso en varios dos seus horarios

A asemblea Local do BNG denuncia novamente as suspensións arbitrarias do servizo de transporte público ás parroquias de Chaín, Morgadáns, Peitieiros e Couso, por parte da empresa concesionaria Melytour na súa ruta circular de comunicación coa vila de Gondomar e con Vigo.

Segundo ten informado a empresa á veciñanza afectada, a interrupción do servizo está causada polos danos que os pasos de peóns sobreelevados ocasionan nos vehículos grandes ao seu paso pola vila nas rúas do Emigrante e das Pereiras. Aínda que esta situación se resolvería empregando vehículos de menor tamaño, dos que tamén dispón a concesionaria, descoñécemos porque esta non é unha opción considerada pola compañía para resolver a situación.

As veciñas e veciños, que desde as reducións aplicadas nos últimos anos veñen dispoñendo dunha cada vez máis cativa oferta de frecuencias e rutas, vense prexudicadas cunha nova mingua nas súas posibilidades de comunicación e un sobrecusto económico, ao ter que recorrer a outros medios de transporte para os seus desprazamentos.

Dado que o conflito está orixinado nas recentes reformas das citadas rúas, o BNG insta ao Alcalde de Gondomar, que tamén obstenta as responsabilidades de Tráfico e Mobilidade,  a resolver o problema á maior brevidade posíbel,xestionando coa concesionaria unha solución que permita o normal desenvolvemento do servizo público de transporte no concello.

BNG.

O BNG denuncia novamente a suspensión do servizo de transporte público a Chaín, Morgadáns, Peitieiros e Couso en varios dos seus horarios