CUALIFICAN COMO “BURLA” QUE O ALCALDE DE BAIONA (PP) SE QUEIXE POLAS SUBAS IMPOSTAS POLO SEU PROPIO PARTIDO NA XUNTA

O BNG no Val Miñor agarda que as declaracións dos alcaldes sobre a AG-57 sexan algo máis que "efemeros propósitos de aninovo"

Acción do BNG pola gratuidade da AG-57 no verán de 2017
Acción do BNG pola gratuidade da AG-57 no verán de 2017
O BNG no Val Miñor agarda que as declaracións dos alcaldes sobre a AG-57 sexan algo máis que "efemeros propósitos de aninovo"

Os representantes do BNG non Val Miñor, Iago Pereira (Baiona), Manuela Rodríguez (Gondomar) e Xavier Rodríguez (Nigrán), agardan que as declaracións dos alcaldes sobre a AG-57 (Autoestrada do Val Miñor) sexan algo máis que “efémeros propósitos de aninovo”, e consideran “unha burla que o alcalde de Baiona, do Partido Popular, se queixe polas subas impostas polo seu propio partido no Goberno da Xunta”. Lémbranlle ademais que é o PP o que ten votado en contra desa gratuidade no parlamento galego en repetidas ocasións.

A última foi o pasado 29 de novembro,cando votou en contra dunha propostaparlamentar do BNG na que se propuña a supresión da peaxe ou, cando menos e de maneira transitoria até a gratuidade, a aplicación de reducións substanciais da peaxe actual para residentes e para empresas radicadas no Val Miñor. Esa proposta formaba parte dunha iniciativa na que se solicitaba á Xunta a reforma do proxecto da estrada PO-331 ao seu paso por Vincios. A iniciativa, na liña das propostas da veciñanza de Vincios, trataba de garantir a seguridade viaria de peóns e vehículos no interior da parroquia, incluíndo medidas alternativas para reducir a maioría do tránsito de paso co seu desvío a través da AG-57, iniciativa que tampouco foi aprobada polo PP.

 

O BNG APOSTA POLO RESCATE DA AG-57 PARA A SÚA XESTIÓN PÚBLICA

Desde o “BNG apostamos polo rescate da AG-57 para a súa xestión pública e pola supresión das peaxes nesta autoestrada, demandas sociais que contan con amplo respaldo na comarca”.

Nese mesmo mes de novembro, cando se debatían os orzamentos da Xunta para este ano 2019,o BNG presentou unha emenda na que se solicitaba destinar unha dotación económica á realización dun estudo para a avaliación dese rescate da concesión da AG-57, para poder tomar desde o goberno galego as decisións sobre a súa xestión. O Partido Popular rexeitou a emenda, unha mostra máis de que no ten intención ningunha de rescatala nin de suprimir as peaxes.

A supresión das peaxes sería moi beneficiosa para os veciños e veciñas do Val Miñor xa que teríaimportantes repercusións positivas:

- Melloraríaa mobilidade xeral na comarca e eliminaría o tráfico de paso polos núcleos urbanos, servindo de verdadeira circunvalación ao Val Miñor.

- Desconxestionaríaas estradas Vigo-Baiona, evitando atascos na Ramallosa, principal nó de conexión dos tres concellos; e Vigo-Gondomar, ao seu paso por Vincios, humanizando a parroquia.

- Melloría a conectividade e a competitividade dos parques empresariais da Pasaxe-Vincios (Gondomar) e de Porto do Molle (Nigrán). Tamén conectaría a estes co Parque Tecnolóxico Loxístico de Valadares (Vigo).

- Serviría de conexión directa, rápida e gratuíta co hospital Álvaro Cunqueiro, e con outros equipamentos médicos, administrativos e de servizos da área de Vigo.”

 

Baiona - Iago Pereira – Portavoz Municipal

Gondomar - Manuela Rodríguez – Responsábel Local

Nigrán - Xavier Rodríguez – Portavoz Municipal