Recollida sinaturas por un transporte público digno en Gondomar

Recollida sinaturas por un transporte público digno en Gondomar

O 2 de febreiro de 2017 o Pleno do Concello de Gondomar aprobou a integración de Gondomar no transporte metropolitano de Vigo, mais a día de hoxe o Goberno Xunta está a impedir que a integración sexa efectiva xa que aínda non convocou Comisión de Seguimento que é a que debe incluír o noso concello. Dita comisión debe reunirse semestralmente e non o fai desde abril do 2017, incumprindo así a Xunta o propio convenio do transporte metropolitano de Vigo.

Dentro da campaña veciñal por un trasporte digno para Gondomar, que desde o BNG apoiamos decididamente, comezouse unha recollida de sinaturas onde se insta a Xunta de Galicia e ao Concello de Gondomar a inclusión de Gondomar no transporte metropolitano de Vigo. Dese xeito, a veciñanza poderá dispoñer da tarxeta metropolitana e beneficiarse dos descontos no importe dos billetes, co conseguinte aforro nos gastos de desprazamento.

Solicitamos a vosa colaboración na recollida de sinaturas. Podedes descargar o prego de sinaturas aquí para podelo imprimir. Tamén podedes descargar desde aquí o cartaz coas razóns polas que queremos a tarxeta metropolitana.

Se recolledes sinaturas, para acordar como entregalas podedes chamar ou mandar un WhatsApp ao numero 616.96.40.27 (Manuela).  

O prazo de recollida remata o 2 de maio de 2018.

BNG Gondomar.