DOMINGO 23 ÁS 12:15H - PRAZA DO CONCELLO EN NIGRÁN

Acto polo Día da Patria no Val Miñor

23X-2017Nigran
23X-2017Nigran
Acto polo Día da Patria no Val Miñor

Dentro da campaña polo Día da Patria que está a desenvolver por toda a nación, o BNG organiza un Acto Público Aberto no Val Miñor para contribuir á campaña social previa ao 25 de xullo, unha data festiva e reivindicativa.

Será o domingo 23 de xullo, ás 12:15h da mañá, na Praza do Concello de Nigrán.

Contaremos coa participación de Xosé Manuel Marcote, membro da Executiva Nacional do BNG e concelleiro en Baiona; Jéssica García, Responsáble de Galiza Nova na comarca; e Noa Presas, membra da Executiva Nacional e Deputada no Parlamento Galego.

Compartiremos uns petiscos e desfrutaremos ademais con boa música do País, en directo.

Agardando vernos alí.

Saúdos 

BNG Val Miñor