A Mancomunidade de Concellos do Val Miñor contra o parque eólico

A Mancomunidade de Concellos do Val Miñor contra o parque eólico

O BNG presentou unha moción para reclamar que a Mancomunidade de Concellos do Val Miñor se dirixa ao Consello da Xunta coa finalidade de que declare negativa a autorización administrativa do proxecto de execución do parque eólico da Serra do Galiñeiro, así como a denegación da declaración de utilidade pública.

Con esta proposta, aprobada por unanimidade, se quere promover a preservación dos valores e funcións económicas, ambientais e sociais do monte, evitando o impacto ambiental CRÍTICO sobre a paisaxe e o patrimonio natural e cultural que produciría a instalación dun Parque eólico no Galiñeiro. Nesta moción tamén se reclama que se apoie a tramitación da área protexida e a súa incorporación ao Parque Natural do Aloia.

Esta moción engádese  a outros pronunciamentos similares realizados por diferentes institucións das comarcas de Vigo e do Val Miñor. De feito, o pleno do Concello de Gondomar xa aprobou por unanimidade no pleno do mes de novembro expresar a súa oposición ao proxecto, presentar alegacións ao mesmo e facilitar a presentación das mesmas por particulares. A moción do BNG vén complementar a decisión adoptada, requirindo de quen ten competencias plenas, o Consello da Xunta, a paralización definitiva do proxecto por medio dunha denegación de autorización.

O BNG agarda que esta petición unánime que fai a Xunta da Mancomunidade, unidas ás outras de contido semellante adoptadas por outras institucións, fagan reflexionar á Xunta de Galiza respecto do inapropiado da autorización.