NÓS-Candidatura Galega coa forza do Val Miñor

NÓS-Candidatura Galega coa forza do Val Miñor

FOTO GONDOMAR 2A cabeza de lista de Nós Candidatura Galega por Pontevedra, Carme Adán, afirmou este venres en Gondomar que as únicas opción que deu o PP para a mocidade foron: “ser precariado ou emigrar”

Carme Adán criticou o empeño en que só vexamos bipartidismo a catro. “Sempre máis do mesmo. E para Gaiza é imposíbel escoitar propostas. Estamos a unha semana de pechar a campaña na que nos xogamos moito”. Censurou a falla de debates nos medios públicos galegos como a TVG. “Só se repiten miméticamente as propostas que se fan desde os platós de televisión de Madrid”.

Para Nós as políticas son das persoas e por iso explicamos “as nosas políticas na rúa”: Quen vai falar dos montes en mán común? Quen vai falar dos preferentistas? Quen vai falar dos emigrantes retornados? Quen vai falar das pensións dos galegos e das galegas? Temos as pensións máis baixas do estado e non de casualidade senó porque temos os salarios máis baixos. E temos a fenda salarial máis alta e lembrou que as mulleres galegas teñen que cotizar 80 días máis para a pensión. Da nosa realidade diaria non falan eles, só os que priorizamos a Galiza”.

Adán sinalou que “Queremos estar cos mariñeiros do cerco, e aquí fago un inciso para enviar a miña solidariedade coas mulleres que esta noite pasan a noite coas mariñeiros do cerco. Queremos estar co sector lácteo e “levaremos todos os problemas de Galiza ao Congreso. Fáltanos por convencer a todos aqueles que están indecisos. “Dicerlles que é importante participar o 20 D en clave galega porque temos problemas específicos, distintos”.

Aludiu á mocidade que nin tan siquera chegan a mileuristas, cobran 500 euros “O novo precariado”. E tamén lembrou que a outra opción que lle deixa a dereita é emigrar”. Cargou as tintas contra Ciudadanos que “é aínda máis de dereitas e rebaixa a violencia de xénero”.

No acto tamén falaron persoas representativas de sectores de interese no Val Miñor como Pepe Pereira das Asociacións de Montes en Mán Común, quen puxo en valor a riqueza dos montes e salientou o feito de que Nós é a única organización que recolle nos seu programa a defensa do monte vecinal. Falou a candidata Helena Pérez quen falou de como se fragou a candidatura Nós. Asemade, explicou a elaboración do programa no que puido participar todos aqueles que quixesen. Esbozou algunhas das súas propostas máis salientábeis e criticou o “desmantelamento do noso sistema financiero” e subliñou a necesidade de contar cunha banca pública. Afirmou que “non somos un novo produto eleitoral, vimos de lonxe”.

NÓS-Candidatura Galega coa forza do Val Miñor