O PP empece a solución do problema do transporte público no Val Miñor

O PP empece a solución do problema do transporte público no Val Miñor

O BNG rexeita a actitude do PP que onte no Parlamento galego votou en contra da moción do BNG sobre a problemática do transporte no Val Miñor e Baixo Miño. A moción fora presentada o cinco de febreiro pola deputada Carme Adán ao facerse pública a intención das empresas que realizan o transporte nesta comarca de reducir o servizo, xa de por si deficitario.

O BNG propoñía na súa moción: realizar un Plan de transporte metropolitano da área de Vigo coa dotación orzamentaria necesaria, en que se incluise o uso dun billete metropolitano e tarifas reducidas para usuarios/as habituais, estudantes, persoas xubiladas, etc. E esixir das empresas que realizan o servizo no Val Miñor o mantemento das liñas e horarios existentes en xaneiro. Porén o Partido Popular aplicou a súa maioría absoluta contra a cidadanía do Val Miñor.

Unha vez máis o PP mostra a súa verdadeira faciana e goberna en contra dos intereses da cidadanía. Por outro lado queda en evidencia o goberno local do PP en Gondomar, pois non soubo reclamar dos seus compañeiros de filas sensibilidade con este problema acuciante.

Cómpre lembrar que o BNG presentou alegacións nos concellos do Val Miñor, sendo aprobada polo pleno de Baiona e por unanimidade unha declaración contra a redución do servizo.

O BNG tamén presentou un escrito ante a Dirección Xeral de Mobilidade tamén o pasado día 5 de febreiro, unha alegación contra o proxecto presentado por ATSA e levará o tema ao Pleno da Mancomunidade do Val Miñor para que se pronuncie ao respecto e se posicione en contra desta redución.

O BNG continuará reclamando desde todas a instancias o mantemento das liñas que circulaban ao principio deste ano, o seu incremento e a mellora do servizo para que realmente sexa un servizo público.