Primarias de Iniciativa pola Unión

Primarias de Iniciativa pola Unión

Cartaz Asemblea Aberta IpU Val Miñor - 29-10-2015O BNG fai parte do proceso de participación popular a través da plataforma Iniciativa pola Unión (polaunion.gal) para a conformación dunha candidatura galega que está xa en marcha.Un dos pasos decisivos nese proceso ten a ver co proceso de elaboración das candidaturas ao Congreso e ao Senado. O método escollido é o da participación democrática, de base, a través dun proceso de primarias.

Para informar sobre o proceso aberto a INICITIVA POLA UNIÓN convoca no Val Miñor unha ASEMBLEA ABERTA que vai ter lugar o XOVES 29 DE OUTUBRO ás 20:15h na CASA DA CULTURA en GONDOMAR.

Podes acceder á web para coñecer toda a información relacionada coa presentación de candidaturas:

http://polaunion.gal/as-primarias-abertas-para-unha-candidatura-galega-seguen-os-prazos-fixados-toda-a-informacion-que-precisas-nun-so-clic/