O BNG ante a crise das persoas refuxiadas na UE

O BNG ante a crise das persoas refuxiadas na UE

IMAGEN-16406933-2.pngO BNG de Gondomar denuncia a actitude que está a manter a Unión Europea na crise das persoas refuxiadas que só pode ser definida como escandalosa e totalmente inhumana. Nas últimas datas observamos como se lle entrega unha cuantiosa cantidade económica dos impostos dos pobos integrados na Unión Europea para mercar o estado turco facendo que este peche as súas portas, prohibindo o desprazamento de centos de miles de persoas que marchan dunha guerra que foi alentada polo denominado mundo occidental.

O BNG de Gondomar demanda do goberno local que se posicione contrario ás políticas da UE na crise das persoas refuxiadas

Ante isto, Mª Manuela Rodríguez Pumar, na súa calidade de Responsábel Local de Acción Municipal do Bloque Nacionalista Galego no Concello de Gondomar, ven de presentar no rexistro do Concello a seguinte solicitude ao goberno municipal:

- O posicionamento público do goberno local contrario a estas actuacións.

- Como xesto símbólico en sinal de denuncia desta barbarie humanitaria, que se retiren as bandeiras da Unión Europea que se atopan nos diferentes edificios municipais.

Así mesmo, o BNG chama á participación na concentración convocada para mañá mércores 16 ás 20:00h diante do Museo MARCO en Vigo en solidariedade coas persoas refuxiadas.

O BNG ante a crise das persoas refuxiadas na UE