O BNG denuncia simboloxía fascista en concellos da comarca de Vigo

O BNG denuncia simboloxía fascista en concellos da comarca de Vigo

simboloxiía fascistaO BNG levará a cabo as accións precisas para demandar que os concellos onde exista aínda este tipo de simboloxía, como nos casos documentados de Vigo, Nigrán e Baiona, procedan a súa retirada e insten a outras administracións e particulares a facer o mesmo, tal e como establece a lei, dando deste xeito resposta aos sentimentos democráticos da cidadanía.

A permanencia de simboloxía fascista nos nosos concellos supón un insulto á memoria da xeración de galegas e galegos que sufriron o franquismo por defenderen a liberdade e os dereitos democráticos e nacionais do pobo galego, á memoria daqueles aos que lles arrebataron a vida, torturaron, privaron de liberdade ou sufriron o exilio, para as cales desde o BNG esiximos a súa plena rehabilitación.

Neste sentido, convén lembrar que a Lei da Memoria Histórica obriga a retirar dos espazos públicos todo símbolo ou mención “conmemorativa de exaltación, persoal ou colectiva, da sublevación militar, da Guerra Civil e da represión da ditadura”.

O BNG agradece a colaboración cidadá na localización de símbolos do franquismo

O BNG da comarca de Vigo quere facer públicas as fotos-denúncia recibidas dentro da campaña que, baixo o lema “Fascismo Nunca Máis”, animou durante os meses de setembro e outubro a colaborar con nós na localización de simboloxía fascista aínda existente nos concellos da comarca.

Por último, dende o BNG queremos expresar o noso agradecemento a todas as persoas que nos remitiron as seguintes fotografías (indícase localización e data de obtención):

1.- Cruz do Castro. Vigo. 28 de setembro de 2014.

2.- Placa do Templo Votivo de Panxón. Nigrán. 19 de setembro de 2014.

3.- Inscrición na ex-Colexiata. Baiona. 20 de outubro de 2014.

4.- Inscrición na fonte subida Virxe da Rocha. Baiona. 20 de outubro de 2014.

5.- Inscrición lavadoiro no río Groba. Baiona. 20 de outubro de 2014.

6.- Placa fachada cemiterio. Baiona. 24 de setembro de 2014.

7.- Placa nas vivendas sociais rúa Ramiro Pascual en Matamá. Vigo. 24 de setembro de 2014.

8.- Escudo na fachada do Instituto Sta. Irene. Vigo. 25 de setembro de 2014.

9.- Escudo fachada edificio de Aduanas. Vigo. 28 de setembro de 2014.

10.-Placa grupo de vivendas sociais en Vilar. Vigo. 26 de setembro de 2014.

11.- Escudo fachada edificio sindicato de estibadores. Vigo. 28 de setembro de 2014.

12.- Inscrición en fonte camiño das Barreiras na Ramallosa. Nigrán. 29 de setembro de 2014.

13.- Placa na rúa Aragón nº 216. Vigo. 29 de setembro de 2014.

O BNG denuncia simboloxía fascista en concellos da comarca de Vigo