O BNG esíxelle a Xunta medidas urxentes na crise do sector leiteiro

O BNG esíxelle a Xunta medidas urxentes na crise do sector leiteiro

Reparto do BNGO BNG de Gondomar, Baiona e Nigrán realizou na mañana do sábado un reparto de material informativo sobre a crise do sector leiteiro galego nas inmediacións de establecementos comerciais das tres localidades. Este reparto forma parte da campaña que está desenvolvendo o Bloque Nacionalista Galego para denunciar a situación deste sector fundamental da economía galega, ameazado polas condicións abusivas impostas polas industrias lácteas, que establecen prezos que obrigan a vender por baixo do custe de produción e mesmo ameazan con non recoller o leite aos produtores. Todo isto ante a pasividade da Xunta de Galiza, que, eludindo as súas responsabilidades, se limita a facer campañas de promoción do leite que pouco ou nada axudan ao sector.

A formación nacionalista realizou este sábado en Gondomar, Nigrán e Baiona un reparto de material informativo sobre a crise do sector

Fronte a esta situación, o BNG reclama da Xunta que exerza as súas competencias en materia de agricultura, gandeiría e comercio interior, adoptando medidas urxentes que garantan a recollida da totalidade do leite, a fixación dun prezo que remunere os gastos de produción e a existencia de mecanismos de control e sanción en caso de incumprimentos por parte da industria. O BNG presentou mocións nos tres concellos do Val Miñor solicitando das corporacións municipais o apoio para estas reivindicacións.

O BNG esíxelle a Xunta medidas urxentes na crise do sector leiteiro