Imprimir

O BNG de Gondomar apoia a manifestación convocada pola AVTG

bnggondomar | 14 de Septembro de 2018

 A Asemblea Local do BNG de Gondomar, reunida no día de onte, acordou apoiar publicamente a manifestación convocada pola Asemblea Veciñal por un transporte digno para Gondomar, e fai un chamamento á veciñanza de Gondomar a participar da mesma.

O BNG considera o transporte colectivo de viaxeiros un servizo público fundamental para as veciñas e veciños do concello, para favorecer a súa mobilidade dun xeito económico e sustentable, que favoreza as condicións de vida das persoas. E que debe ser apoiado, mellorado e fomentado polos gobernos, tanto galego como municipal, por riba de loitas partidistas e dos interesesdas empresas de transporte.Conseguir estes obxectivos é cousa de todas. Por esa razón, o BNG invita a apoiar masivamente a manifestación do sábado 15.

BNG Gondomar.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/transporte/bng-gondomar-apoia-manifestacion-convocada-pola-avtg/20180914201453001165.html


© 2018 Bloque Nacionalista Galego de Gondomar

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal