Imprimir

O BNG de Gondomar renova a súa dirección local

Bloque Nacionalista Galego de Gondomar | 02 de abril de 2016

Consello localO Bloque Nacionalista Galego de Gondomar vén de celebrar unha asemblea na que se renovou a dirección local da organización. O BNG segue así o proceso de renovación iniciado coa celebración da décimo quinta Asemblea Nacional a finais do pasado mes de febreiro.

O novo Consello Local está integrado por Álvaro Lores como Responsábel Local, Marta Dacosta (Vicerresponsábel), Xosé Lois Ruiz (Responsábel de Organización e Finanzas), Manuela Rodríguez (Responsábel de Acción Municipal) e Mercedes Fernández (Responsábel de Acción Feminista). Na súa intervención na asemblea, Álvaro Lores destacou a intención do novo Consello Local de seguir traballando dende Gondomar para afortalar o proxecto nacionalista como única alternativa real na defensa dos intereses das galegas e galegos.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/bng-gondomar/bng-gondomar-renova-sua-direccion-local/20160402000843001002.html


© 2019 Bloque Nacionalista Galego de Gondomar

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal