O BNG inicia unha recollida de sinaturas solicitando solucións aos problemas de aparcamento na vila de Gondomar

O BNG inicia unha recollida de sinaturas solicitando solucións aos problemas de aparcamento na vila de Gondomar

O BNG de Gondomar inicia unha recollida de sinaturas na que se solicita a posta en marcha de medidas que dean solución aos cada vez máis crecentes problemas de aparcamento na vila de Gondomar.

Esta iniciativa faise necesaria ante o malestar de veciños e comerciantes pola falla de prazas de aparcamento na zona urbana do concello. Este problema, xa existente nos últimos anos, viuse agravado pola falla de previsión do Acalde ao non ter creado novas prazas en sustitución das eliminadas como resultado das obras de humanización realizadas na Vila.

Ante esta situación, a iniciativa insta ao goberno do concello a poñer en marcha medidas, a curto e medio prazo, que dean solución a este problema facilitando o acceso a veciñanza e visitantes e favorecendo o comercio local. En concreto propóñense as seguintes actuacións:

- a habilitación de zonas azuis na parte urbana da Vila, co establecemento dunha ordenanza de aparcamento regulado gratuíto e por tempo limitado, para facilitar a rotación das prazas de aparcamento en días laborables e sábados, nas horas de maior demanda de estacionamento. A este fin utilizaríanse discos de control horario homologados para poder ser utilizados noutros concellos que tamén dispoñan deste sistema como Baiona, Tomiño, A Guarda e outros.

- a habilitación de aparcadoiros disuasorios, sexa en terreos propiedade do Concello ou a través de convenios de uso de terreos privados, situados nas zonas de entrada á Vila de Gondomar,

- o establecemento dun servizo de transporte municipal que facilite a mobilidade da veciñanza e contribúa á diminución do uso do coche particular para e desprazar á Vila.

A recollida de sinaturas, que irá acompañada do reparto dun folleto explicativo, iniciase esta semana e realizarase nas rúas de Gondomar e naqueles establecementos comerciais que así o desexen.

BNG Gondomar.

O BNG inicia unha recollida de sinaturas solicitando solucións aos problemas de aparcamento na vila de Gondomar