Imprimir

O BNG pregunta pola existencia dunha cámara de vixilancia nunha sala municipal de uso público en Gondomar

bnggondomar | 21 de Septembro de 2018

Cámara Centro Neural de Gondomar
Cámara Centro Neural de Gondomar

O Bloque Nacionalista Galego de Gondomar denuncia a existencia dunha cámara de vixilancia na sala de reunións do Centro Neural de Gondomar e solicita explicacións ao goberno pola súa colocación.

Esta información xa fora solicitada con anterioridade pola responsábel local do BNG, a través do rexistro xeral do concello, e non se obtivo resposta. Con data de hoxe solicitárona de novo.

Na solicitude pregúntanse as razóns polas que se instalou esa cámara nun local público de uso público e tamén se solicita información sobre quen, onde e en que momento se tomou o acordo de instalala, e se existen outras cámaras similares noutras dependencias municipais.

O BNG considera que se debe explicar por que se instala unha cámara de vixilancia nesa sala do Centro Neural na que, ademais de cursos de formación e actos do propio concello, tamén se realizan, previa solicitude, asembleas, charlas e actos públicos de organizacións sociais e políticas.

As persoas que utilizamos ese ben municipal temos dereito a saber que uso se lle da a ese sistema de vixilancia e por que non existe no local ningunha indicación da súa existencia nin da normativa legal que regula o seu uso”, apunta Manuela Rguez.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/concello-de-gondomar/bng-pregunta-pola-existencia-dunha-camara-vixilancia-nunha-sala-municipal-uso-publico-gondomar/20180921220019001167.html


© 2018 Bloque Nacionalista Galego de Gondomar

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal