A VECIÑANZA AFECTADA POLA SUSPENSIÓN PRESENTA NO REXISTRO DO CONCELLO PERTO DE 300 SINATURAS RECLAMANDO UN ACORDO DAS PARTES PARA A REPOSICIÓN DO SERVIZO

O BNG reclama a reposición inmediata da liña de Melytour polas parroquias de Chaín, Morgadáns, Peitieiros e Couso.

Foto Asemblea Morgadáns Transporte_23032018

En asemblea convocada polo BNG e celebrada o pasado venres en Morgadáns, as veciñas e veciños presentes acordaron a presentación no rexistro do concello das 268 sinaturas recollidas pola veciñanza afectada desde hai case un ano pola suspensión arbitraria do servizo de transporte público ás parroquias de Chaín, Morgadáns, Peitieiros e Couso, por parte da empresa concesionaria Melytour, na súa ruta circular de comunicación coa vila de Gondomar e con Vigo.

Por outro lado, e dado que a empresa de transporte insiste en que a interrupción do servizo está causada polos danos que os pasos de peóns sobreelevados ocasionan nos vehículos grandes ao seu paso pola vila nas rúas do Emigrante e das Pereiras, de titularidade municipal, tamén se acordou solicitar unha reunión da veciñanza coas partes, Alcalde, Concelleiro de Tráfico e Mobilidade e a empresa Melytour, na que estas poñan sobre a mesa cales son as dificultades, se as houber, para resolver o conflito, e na que se acorde unha solución que permita a reposición inmediata do servizo suspendido. Algo que xa se ten reclamado en reiteradas ocasións sen aparente interés por parte do Alcalde que até hai escasos meses tamén ostentaba as delegacións de tráfico e mobilidade.

BNG

O BNG reclama a reposición inmediata da liña de Melytour polas parroquias de Chaín, Morgadáns, Peitieiros e Couso.
O BNG reclama a reposición inmediata da liña de Melytour polas parroquias de Chaín, Morgadáns, Peitieiros e Couso.