A Xunta impide crear novas prazas de comedor no Colexio Neira Vilas

A Xunta impide crear novas prazas de comedor no Colexio Neira Vilas

neiravilas

O Bloque Nacionalista Galego presentou aos orzamentos da Xunta varias emendas destinadas a mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños de Gondomar, emendas que na súa maioría tamén redundan nas posibilidades de conciliar a vida laboral e familiar e, deste xeito, axudarían ao incremento da empregabilidade das mulleres.

As emendas presentadas polo BNG e que repercutirían en Gondomar foron as seguintes:

1. Petición de ampliación do comedor escolar do CEP Xosé Neira Vilas – Peitieiros, que a día de hoxe soamente pode acoller 52 alumnos e alumnas e isto sempre que se puidese aproveitar ao máximo o espazo dispoñíbel, o que, porén incomoda enormemente o proceso de servir e recoller as comidas por parte das coidadoras e o propio acto da comida para as crianzas. Na actualidade, para paliar esta situación, estase mesmo utilizando unha pequena oficina colindante pertencente á Asociación de Nais e Pais do colexio, onde se están acomodando varias nenas e nenos nunha situación bastante precaria. Na actualidade incrementouse a demanda de prazas de comedor, demanda que non pode ser atendida nas condicións axeitadas por carecer do espazo axeitado.

2. Construcción da senda peonil na estrada da Xunta PO341 Vincios-Couso. Na marxe esquerda sentido Vincios-Couso. Trátase dunha senda fundamental para a seguridade dos peóns, nunha estrada moi estreita e con escasa visibilidade, en que o risco de atropelo é moi alto. Trátase ademais dunha demanda veciñal das parroquias de Vincios, Chaín, Morgadáns, Petieiros e Couso.

O PP tampouco accede á construción da senda peonil Vincios-Couso

3. Construción dunha nova Escola infantil que permita incrementar as prazas de 0 a 3 pois existe unha gran demanda e un alto número de nenos/as que non obteñen praza na existente, tendo que recorrer a centros privados. Xa no bipartito estaba proxectado construír unha segunda escola infantil no concello, pois desde o inicio estivo claro que a dotación actual era insuficiente

No debate dos Orzamentos no Parlamento Galego o Partido Popular non tivo en conta as propostas realizadas polo BNG e que son de gran demanda social en Gondomar. Limitouse a impor a súa maioría absoluta e non accedeu ao diálogo e á mellora do orzamento presentado, polo que Gondomar, grazas ao PP, que tamén goberna no concello, terá que seguir agardando pola segunda escola infantil, a senda peonil e a ampliación o comedor escolar de Peitieiros.

A Xunta impide crear novas prazas de comedor no Colexio Neira Vilas