denuncia
Concello de Gondomar
Concentración simbólica

O BNG de Gondomar denuncia o trato discriminatorio no acceso ao servizo de comedor a parte do alumnado do CRA Antía Cal

A Consellería afirma que só teñen dereito ao uso do comedor do Neira Vilas as familias do CRA que teñen dificultades económicas ou sociais, e iso non é certo. A Consellería minte a sabendas, como escusa para rematar co servizo

 

Manuela Rodríguez: As familias excluídas séntense desamparadas e discriminadas pola Xunta que, de xeito arbitrario, lles nega un dereito a unhas mentres llo concede a outras”

Ler novas
medio ambiente
AsembleaVilaza

O BNG denuncia que o goberno local de Gondomar non remitiu á Valedora do Pobo o informe a situación do servizo da auga en Vilaza

A Valedoría solicita información trala queixa do de BNG diante da falla de solución ao problema da auga xerado polo goberno local hai xa oito anos

Manuela Rodríguez: “É dunha gran irresponsabilidade que, pasado xa un ano desde a anterior alerta, aínda non se activara ningunha medida para controlar o consumo e evitar posíbeis cortes na subministración de auga nun eventual episodio de seca.”

Ler novas