gondomar
Concello de Gondomar
Concentración simbólica

O BNG de Gondomar denuncia o trato discriminatorio no acceso ao servizo de comedor a parte do alumnado do CRA Antía Cal

A Consellería afirma que só teñen dereito ao uso do comedor do Neira Vilas as familias do CRA que teñen dificultades económicas ou sociais, e iso non é certo. A Consellería minte a sabendas, como escusa para rematar co servizo

 

Manuela Rodríguez: As familias excluídas séntense desamparadas e discriminadas pola Xunta que, de xeito arbitrario, lles nega un dereito a unhas mentres llo concede a outras”

Ler novas
Concello de Gondomar
Ana Pontón

O BNG denuncia que o PP actúa contra o benestar da veciñanza de Gondomar

Manuela Rodríguez: “O rodete da maioría absoluta do PP de Rueda, ao rexeitar a totalidade das catorce emendas parciais formuladas polo BNG de Gondomar á proposta de orzamentos da Xunta para o exercicio 2024, impedirá, co silencio cómplice do PP local de Paula Bouzós, o investimento de máis de tres millóns de euros no noso concello”

Ler novas
sanidade
CS Gondomar_1

O BNG leva ao Parlamento galego as deficiencias na atención primaria no Centro de Saúde de Gondomar

A falta de sustitución do persoal facultativo, que xa provocara o peche do centro de saúde en horario de tarde no verán, está a poñer en risco a saúde da poboación e do propio persoal sanitario

Desde o BNG chaman á veciñanza de Gondomar a denunciar esta situación, tamén de xeito directo, a través da presentación de reclamacións no propio Centro de Saúde

Ler novas