O BNG pide explicacións ao goberno local por suspender a colaboración co taxi ao CRA para o alumnado de Vilas e Prado
O BNG insta a convocar o pleno extraordinario da Mancomunidade para tratar a situación do GES
A organización nacionalista lémbralle á Xunta de Goberno o compromiso adquirido polo presidente saínte, o popular Jesús Almuíña, no pleno de decembro
O BNG solicita melloras nas estradas provinciais da Deputación en Gondomar
A deputada Manuela Rodríguez solicita máis seguranza viaria e que se completen as barreiras para motos na vía a Peitieros e que se instalen na estrada a Vilaza
O BNG denuncia, máis unha vez, a inacción de Xunta e Concello na loita contra as inundacións en Gondomar
A organización nacionalista critica o uso partidista que ambos gobernos están a facer dun tema de tanta importancia
Manuela Rodríguez, portavoz municipal: “Mentres Xunta e Concello perden o tempo en acusacións cruzadas, o perigo de novas inundacións mantense”
O BNG de Gondomar propón medidas transitorias que garantan a seguranza viaria para peóns e vehículos na estrada de Borreiros
Manuela Rodríguez: “A veciñanza demanda seguridade con urxencia e calquera das opcións estudadas vai requerir moito tempo para se materializar; faise preciso actuar no inmediato para evitar riscos de atropelos e accidentes”
O BNG de Gondomar denuncia o trato discriminatorio no acceso ao servizo de comedor a parte do alumnado do CRA Antía Cal
A Consellería afirma que só teñen dereito ao uso do comedor do Neira Vilas as familias do CRA que teñen dificultades económicas ou sociais, e iso non é certo. A Consellería minte a sabendas, como escusa para rematar co servizo
Manuela Rodríguez: “As familias excluídas séntense desamparadas e discriminadas pola Xunta que, de xeito arbitrario, lles nega un dereito a unhas mentres llo concede a outras”
O BNG denuncia que o PP actúa contra o benestar da veciñanza de Gondomar
Manuela Rodríguez: “O rodete da maioría absoluta do PP de Rueda, ao rexeitar a totalidade das catorce emendas parciais formuladas polo BNG de Gondomar á proposta de orzamentos da Xunta para o exercicio 2024, impedirá, co silencio cómplice do PP local de Paula Bouzós, o investimento de máis de tres millóns de euros no noso concello”
Diante da proposta de compra do Café de Lis o BNG de Gondomar prioriza os servizos para a veciñanza e demanda a elaboración dos orzamentos para o vindeiro ano
No pleno celebrado o mércores 13 de febreiro, o BNG votou en contra da compra do “Café de Lis” co argumento de demandar o investimento deses fondos na creación de servizos públicos como o saneamento, o arranxo de camiños ou a mellora do alumeado.
Diante da proposta de compra do Café de Lis o BNG de Gondomar prioriza os servizos para a veciñanza e demanda a elaboración dos presupostos para o vindeiro ano
No pleno celebrado o mércores 13 de febreiro, o BNG votou en contra da compra do “Café de Lis” co argumento de demandar a inversión deses fondos na creación de servizos públicos como o saneamento, o arranxo de camiños ou a mellora do alumeado.