O BNG levará ao Parlamento galego a demanda de manter o servizo de comedor do CRA Antía Cal de Gondomar
O goberno da Xunta, que este curso xa deixou sen servizo a varias familias de Peitieiros, única aula con ese dereito, pretende eliminalo por completo
O Bloque instará tamén ao goberno local no vindeiro pleno municipal a prever unha dotación económica para evitar o desmantelamento do servizo
Manuela Rodríguez: “En pleno período de reserva de prazas para o vindeiro curso, urxe garantir o servizo de comedor no colexio rural. Esiximos que Xunta e Concello se deixen de acusacións mutuas e liortas partidistas e dean xa a solución que as familias precisan”
O BNG denuncia que o Goberno de Gondomar non cumpre o protocolo COVID de limpeza en todas as aulas do CRA Antía Cal
Manuela Rodríguez: “A obriga de limpar superficies de uso frecuente e aseos polo menos dúas veces durante a xornada lectiva, só se está a facer na aula de Peitieiros”
O BNG insta ao Concello, como responsable do mantemento e conservación dos centros de ensino, a prestar ese servizo de inmediato.