escolares
ensino
PlenoGondomar

Debate da moción BNG de Gondomar sobre os comedores escolares e aulas matinais

O Bloque Nacionalista Galego denuncia que PSOE e PP deixan sen servizos de conciliación as familias do alumnado de Gondomar. O goberno local do PSOE de Ferreira négase a prestar o servizo de aulas matinais e o da Xunta do PP non dará o comedor ao CRA Antía Cal.

Ler novas
ensino

O BNG de Gondomar propón modificar as bases das axudas para os comedores escolares con criterios de progresividade e equidade

O BNG de Gondomar propón ao goberno local do PSOE a modificación das bases das axudas municipais para os comedores escolares do vindeiro curso 2021-2022 con base en criterios de progresividade e equidade, establecendo as axudas en función da renda e do número de crianzas usuarias do servizo de cada familia.

Manuela Rodríguez, portavoz municipal do BNG: “Un goberno que se di de esquerdas debería defender criterios de progresividade e equidade que beneficien ás rendas máis baixas, máxime en tempos de crise como os que vivimos”.

 

Ler novas
ensino

O pleno de Gondomar aproba unha moción do BNG sobre os comedores escolares

Solicitan dos gobernos local e da Xunta a instalación dunha cociña nun centro escolar do concello que dea servizo a todos os centros educativos de Gondomar, tal como solicitan as ANPAS.

Instán ao goberno de Feijóo a recuperar a xestión pública dos comedores como garante duns servizos públicos universais e gratuítos.

Ler novas