xunta
Concello de Gondomar
Ana Pontón

O BNG denuncia que o PP actúa contra o benestar da veciñanza de Gondomar

Manuela Rodríguez: “O rodete da maioría absoluta do PP de Rueda, ao rexeitar a totalidade das catorce emendas parciais formuladas polo BNG de Gondomar á proposta de orzamentos da Xunta para o exercicio 2024, impedirá, co silencio cómplice do PP local de Paula Bouzós, o investimento de máis de tres millóns de euros no noso concello”

Ler novas
ensino
ComedorCEPPeitieiros

O BNG de Gondomar esixe que a Xunta garanta o comedor a todo o alumnado do CRA Antía Cal

O goberno da Xunta pretende dar servizo só aos alumnos da aula de Peitieiros que xa usaban o comedor no curso anterior e até que finalicen a etapa de infantil, e négalle ese dereito ao resto do alumnado das dúas aulas de Peitieiros e ao das aulas de Chaín, Couso, Morgadáns e Vilaza.

 

O goberno local, que debería mediar entre Consellería, centros educativos e familias para garantir o servizo a todo o alumnado que o precisar, está ausente

 

Manuela Rodríguez: “E indignante que o goberno do PP na Xunta decida non prestar un servizo que é da súa competencia; tamén o é que o goberno local do PSOE, que o co-xestionaba até agora, se desentenda das familias e mire para outro lado”.

Ler novas
ensino
ComedorCEPPeitieiros (2)

O BNG de Gondomar reclama a Xunta e Concello que garantan o comedor escolar no CRA Antía Cal para o vindeiro curso

A fronte nacionalista presenta unha moción ao Pleno diante da preocupación das familias da aula de Peitieiros tras recibir unha circular da dirección do centro advertindo do risco de perder o servizo, que pasará a estar xestionado polo Goberno galego.
 

Manuela Rodríguez: “Esta preocupación, causada pola desinformación, vese agravada pola negativa da concelleira de Educación de Gondomar a se reunir coas familias”.

Ler novas
transporte
IMG_20170906_174001

O BNG de Gondomar demanda da Xunta a inclusión do concello no Plan de trasporte metropolitano da área de Vigo

Manuela Rodríguez: “BNG de Gondomar vén de presentar unha moción para esixir ao goberno da Xunta a inclusión de Gondomar no Plan de trasporte metropolitano de Galiza na área de Vigo, para a súa veciñanza ter dereito aos descontos da tarxeta e a todas as vantaxes do transporte metropolitano


 

Ler novas
ensino
ies-auga-da-laxe

Aprobada a moción do BNG contra os recortes da Xunta no número de docentes no IES Auga da Laxe

No pleno municipal do pasado xoves foi aprobada a moción do BNG contra o recorte de profesorado que a Xunta impuxo no IES Auga da Laxe de Gondomar para este curso 2021-2022.

Só votou en contra o grupo municipal do PP, cuxa portavoz, Paula Bouzós, preferiu defender os recortes de Feixóo antes que a calidade do ensino do alumnado de Gondomar.

Ler novas