A ORGANIZACIÓN NACIONALISTA REPARTIRÁ ESTRELEIRAS PARA FACELAS VISIBEIS EN VENTÁS E BALCÓNS POLO 25 DE XULLO

O BNG conmemorá este domingo en Gondomar o Día da Patria Galega

bandeirapatria
O BNG conmemorá este domingo en Gondomar o Día da Patria Galega

“Achégase o 25 de xullo, Día da Patria Galega, e desde o BNG facemos un chamamento a proxectar con orgullo e sen complexos a nosa condición de galegas e galegos exhibindo a nosa bandeira nas ventás e balcóns”.

Así, baixo o lema A miña patria, a miña bandeira, o BNG de Gondomar vai facer un reparto gratuito de estreleiras este domingo 22 de xullo, a partir das 12:00h, na Praza de Ángel Urzaiz, no centro da vila,.

Con este acto a organización local súmase á campaña nacional do BNG, Sumar por Galiza, previa ao Día da Patria Galega, data de celebración e de reivindicación  da soberanía do pobo galego, facendo un chamamento a participar na manifestación nacional que sairá ás 12 horas do mércores 25 de xullo desde a Alameda de Compostela.

O BNG conmemorá este domingo en Gondomar o Día da Patria Galega