O BNG insta ao goberno de Gondomar a sacar unha nova liña de axudas para os sectores económicos afectados pola crise da Covid

Manuela Rodríguez
Manuela Rodríguez

Manuela Rodríguez:Solicitamos unha nova liña de axudas de 300.000€ con cargo aos fondos que a Deputación pon a disposición para ese fin e ao remanente do concello”

O BNG insta ao goberno de Gondomar a sacar unha nova liña de axudas para os sectores económicos afectados pola crise da Covid

Gondomar, maio de 2021. O BNG de Gondomar presenta ao pleno unha moción instando ao goberno local a sacar unha nova liña de axudas para os sectores económicos afectados pola crise da Covid por un importe de 300.000€. Propón tamén a inclusión de novos sectores entre os posibles perceptores das axudas, como os centros de ocio infantil ou os salóns de peiteado e estética e barberías.

Ante a evidente insuficiencia do montante total e o reducido importe das achegas individuais da primeira e única liña de axudas directas proposta polo goberno do socialista Paco Ferreira, o BNG propón unha nova liña de axudas por un importe de 300.000€. Nese sentido, o BNG insta ao Alcalde a solicitar a totalidade dos fondos que a Deputación de Pontevedra pon a disposición para financiar axudas directas aos sectores afectados pola pandemia para seren xestionados polos concellos.

De o facer, “Gondomar podería destinar os 138.500€ correspondentes ao 20% do importe da liña 1 do Plan Concellos, máis outros 41.500€ da parte do 1% do orzamento total da deputación que lle corresponde a Gondomar en función da súa poboación, o que suporía un total de 180.000.-€”, indica a portavoz nacionalista, Manuela Rodríguez, “e os 120 mil euros restantes irían complementados con cargo ao remanente do concello”.

Para o BNG os remanentes de tesourería do Concello deberan estar reservados a paliar as consecuencias da crise social e económica provocada pola pandemia, en forma de reforzamento dos servizos sociais e de axudas ás familias, pequenas empresas e persoas autónomas, e de posta en marcha dun Plan de Reactivación Económica naquelas cuestións de competencia municipal, e non para afrontar gastos correntes ou gastos extraordinarios non urxentes. “Mais dos 970.000.-€ da última modificación orzamentaria con cargo aos remanentes só 100.000€ tiñan ese fin, e do 1.044.000€ que leva a aprobación ao pleno do día 20, non lle destina nin un euro” indica Rodríguez, o que dá mostra de cales son as prioridades do Sr. Ferreira”.

O BNG insta ao goberno de Gondomar a sacar unha nova liña de axudas para os sectores económicos afectados pola crise da Covid