O CONSELLO MUNICIPAL DA MULLER (CMM) LEVA SEN SE REUNIR DENDE HAI UN ANO A PESARES DE QUE A PRESIDENTA, A CONCELLEIRA DE IGUALDADE NURIA LAMEIRO, DEBERÍA CONVOCALO, CANDO MENOS, CADA CATRO MESES.

A Portavoz Municipal do BNG e Vice-Presidenta do CMM, Manuela Rodríguez, impulsa a recollida de apoios para solicitar a súa convocatoria extraordinaria e urxente

Manuela Rodríguez: “O CMM, como órgano consultivo e de representación e participación das mulleres, debe ser o foro onde consensuar as políticas de igualdade a desenvolver no Concello e onde avaliar o nivel de cumprimento do Plan de Igualdade municipal.”

A Portavoz Municipal do BNG e Vice-Presidenta do CMM, Manuela Rodríguez, impulsa a recollida de apoios para solicitar a súa convocatoria extraordinaria e urxente

A Portavoz Municipal do BNG, Manuela Rodríguez, na súa calidade de Vice-presidenta do Consello Municipal da Muller (CMM) impulsa a recollida de apoios de integrantes do mesmo para instar á súa convocatoria extraordinaria e urxente.

A recollida de sinaturas ten por obxecto instar á Presidenta, a Concelleira de Igualdade Nuria Lameiro, a convocar a reunión con carácter extraordinario e urxente, toda vez que o regulamento establece que a presidencia debe convocar reunión ordinaria, cando menos, cada catro meses, máis leva sen se reunir desde o 2 de marzo de 2020, data na que se convocou por primeira e única vez desde novembro de 2017.

A solicitude, a maiores da propia Manuela Rodríguez, conta xa coa sinatura das concelleiras Rocío Cambra (MM) e Paula Bouzós (PP), de Marta Dacosta, representante do sindicato maioritario no concello (CIG), e doutras representantes de asociacións sociais e feministas. “O que reclamamos con esta iniciativa é que se convoque canto antes”, afirma Rodríguez, “porque hai moitos temas que se deben tratar e que non poden agardar máis.

O Consello Municipal da Muller (CMM) é un órgano consultivo que dá participación ás mulleres na vida municipal. Polos obxectivos recollidos no regulamento e por estar conformado por mulleres representantes dos colectivos feministas, sociais, sindicais e políticos con presenza no concello, o CMM debe ser o espazo onde consensuar as políticas de igualdade a desenvolver no Concello e onde avaliar o nivel de cumprimento do Plan de Igualdade municipal.

O BNG ten sinalado abondo que a Administración local, por ser a institución máis próxima á veciñanza, debe ser unha referencia para combater a desigualdade de xénero. “Non abondan os lazos violeta, as camisolas reivindicativas ou os actos na praza pública en días sinalados, precísase demostrar vontade política cada día e considerar o traballo pola igualdade como unha cuestión prioritaria da política municipal”.

BNG Gondomar.

A Portavoz Municipal do BNG e Vice-Presidenta do CMM, Manuela Rodríguez, impulsa a recollida de apoios para solicitar a súa convocatoria extraordinaria e urxente