O TRASLADO EFECTIVO DAS CONSULTAS ESTABA PREVISTA PARA ESTE VENRES, DÍA OITO DE NOVEMBRO, E FOI SUSPENDIDO ONTE MARTES DE XEITO IMPREVISTO

O BNG esíxelle ao Alcalde explicacións pola paralización da posta en funcionamento do novo Centro de Saúde de Gondomar.

IMG-20190902-WA0002
O BNG esíxelle ao Alcalde explicacións pola paralización da posta en funcionamento do novo Centro de Saúde de Gondomar.

O BNG esíxelle ao Alcalde explicacións pola paralización da posta en funcionamento do novo Centro de Saúde de Gondomar que estaba prevista para a mañá deste venres 8 de novembro.

Desde hai varios días no actual Centro de Saúde podíanse ver carteis anunciando o traslado da atención primaria á nova edificación, e ás persoas con citas a partir do 11 de novembro xa se lles indicaba que serían atendidas no novo centro. Mais, na mañá de onte martes, de xeito imprevisto e sen moitas explicacións, o persoal foi avisado de que se paralizaba o traslado.

“Todo parece indicar que se debe a algunha irregularidade nos trámites municipais precisos para a apertura do novo centro, unha mostra máis da improvisación e da pouca rigurosidade no labor de goberno de Paco Ferreira, e tamén da falta de responsabilidade do Sergas e do goberno de Feijóo por ter proposto o traslado sen comprobar previamente que todo estivera en orde”, afirma a portavoz municipal do BNG, Manuela Rodríguez.

A situación provocada con esta paralización, cos conseguintes trastornos e reaxustes que terán que soportar tanto as persoas usuarias como ao persoal sanitario, ven a se sumar ás xa evidentes deficiencias na atención sanitaria en Gondomar provocadas polos continuos recortes en atención primaria. “Como exemplo, a non cobertura por parte da Consellería de Sanidade dunha praza vacante desde hai unha semana que está a provocar retrasos nas citas de até dúas semanas ou sobrecarga doutras/os médicas/os”.

O BNG insta a PP e PSOE a que se deixen de enfrontamentos partidistas e que se poñan a traballar coa seriedade que a atención sanitaria require para que o novo Centro de Saúde poida abrir a maior brevidade posíbel e con todas as garantías. Neste sentido, o BNG solicita que os gobernos de Concello e Xunta digan se, tal cual están agora os accesos ao novo centro de saúde, está garantida a seguridade, accesibilidade e evacuación tanto de persoas como de vehículos privados e de emerxencia.

BNG de Gondomar.

O BNG esíxelle ao Alcalde explicacións pola paralización da posta en funcionamento do novo Centro de Saúde de Gondomar.