FAI UN CHAMAMENTO Á PARTICIPAR NA MANIFESTACIÓN DE HOXE EN VIGO EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA E CONTRA OS RECORTES E PRIVATIZACIÓNS DO PARTIDO POPULAR

O BNG, A TRAVÉS DA SÚA PORTAVOZ ANA PONTÓN, PIDE A FEIXÓO QUE MUDE A POLÍTICA SANITARIA E NON XOGUE COA SAÚDE DE TODOS E TODAS AS GALEGAS

Cartaz da mani de hoxe en Vigo
O BNG, A TRAVÉS DA SÚA PORTAVOZ ANA PONTÓN, PIDE A FEIXÓO QUE MUDE A POLÍTICA SANITARIA E NON XOGUE COA SAÚDE DE TODOS E TODAS AS GALEGAS

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou onte na comarca de Vigo nun acto de apoio á manifestación contra os recortes e privatizacións que terá lugar hoxe xoves 27 na cidade olívica.

A nacionalista salientou que  a dimisión de 25 Xefes de Servizo de Atención Primaria  na Área sanitaria de Vigo son  o resultado  do malestar dos e das profesionais que non poden administrar “a miseria” á que está conducindo o Partido popular a nosa sanidade.

Pontón criticou duramente as declaracións de Feixóo referíndose a tensión que está creando a oposición ao que a nacionalista replicou que “non é a oposición quen tensiona a sanidade, esa tensión a provoca a política que recorta medios, persoal médico e, sobre todo, provócaa quen non ten capacidade  para  dialogar e escoitar os problemas dos profesionais”.

Ás dimisións dos xefes de Área, Pontón sumou a folga nos Puntos de Atención Continuada (PAC). “As persoas que non poden pagar os medicamentos, que chaman para pedir cita en Atención Primaria e que lla dan para catro ou cinco días despois, ou non a conseguen porque hai miles de citas nun caixón, teñen que mostrar todo ese malestar mañá nas rúas de Vigo, para dicir alto e claro que non imos consentir que Núñez Feixóo siga xogando coa sanidade pública”.

O BNG pide destinar 200millóns de € para contratos en  atención primaria

Neste sentido, Pontón avogou por un plan en Atención primaria con  200 millóns de euros para contratar máis persoal, acompañado dun plan de estabilidade para todas esas persoas que traballan en precario, así como facilitar o retorno dos e das profesionais que se viron obrigados a buscar traballo fora da Sanidade pública e do noso país. “Resulta evidente que o Consellerio  de sanidade é parte do problema, pero non chega coa súa dimisión, é necesario cambiar a política sanitaria”, concluíu.

O deterioro da atención sanitaria tamén é evidente no centro de Saúde de Gondomar

Como xa ten denunciado o BNG anteriormente, o noso concello tamén sofre o deterioro da atención sanitaria no seu Centro de Saúde. Un deterioro froito da política do Partido Popular. Desde a chegada de Feixóo á fronte da Xunta, esa foi a súa folla de ruta: recortes en orzamentos e persoal coa escusa da crise, cando en realidade é unha escolla ideolóxica e premeditada para deteriorar a sanidade pública e dirixir recursos públicos cara á sanidade privada.

O BNG denuncia que a atención primaria é o sector da sanidade que veu padecendo máis recortes: centros de Saúde obsoletos, infraestruturas sen rematar de construír durante anos, e unha política de persoal infame, cunhas condicións de traballo e salario indignas, mentres o PP segue a escudarse en que non hai profesionais.

O BNG ten presentado iniciativas parlamentares, con alternativas consensuadas cos sectores profesionais, que son desbotadas pola Consellería porque a súa aposta é a privatización e o paso previo é o deterioro da sanidade pública: “É a folla de ruta do PP, canta menos sanidade pública, máis negocio para a privada”.

Desde o BNG “denunciamos novamente esta situación e facemos un chamamento á veciñanza de Gondomar a participar na MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA convocada para hoxe xoves  27 de decembro ás 20:00h desde o antigo Hospital Xeral de Vigo. Porque non debemos admitir como normal o que non é normal, e porque non podemos consentir que nos rouben a sanidade pública”.

BNG Gondomar

 

O BNG, A TRAVÉS DA SÚA PORTAVOZ ANA PONTÓN, PIDE A FEIXÓO QUE MUDE A POLÍTICA SANITARIA E NON XOGUE COA SAÚDE DE TODOS E TODAS AS GALEGAS