BNG de Gondomar
Concello de Gondomar
Concentración simbólica

O BNG de Gondomar denuncia o trato discriminatorio no acceso ao servizo de comedor a parte do alumnado do CRA Antía Cal

A Consellería afirma que só teñen dereito ao uso do comedor do Neira Vilas as familias do CRA que teñen dificultades económicas ou sociais, e iso non é certo. A Consellería minte a sabendas, como escusa para rematar co servizo

 

Manuela Rodríguez: As familias excluídas séntense desamparadas e discriminadas pola Xunta que, de xeito arbitrario, lles nega un dereito a unhas mentres llo concede a outras”

Ler novas
Comercio Local
FotoEncontroComercio

O BNG de Gondomar propón un Consello Municipal do Comercio para escoitar as necesidades do sector

A organización nacionalista considera necesario contar con este órgano consultivo para fomentar a participación do tecido comercial nas decisións do Concello

Esta medida é un dos acordos conseguidos polo Bloque para desbloquear o proxecto de humanización da Praza Manuel Alonso, que inclúe garantías para o correcto funcionamento dos servizos e negocios da contorna

Ler novas
sanidade
CS Gondomar_1

O BNG leva ao Parlamento galego as deficiencias na atención primaria no Centro de Saúde de Gondomar

A falta de sustitución do persoal facultativo, que xa provocara o peche do centro de saúde en horario de tarde no verán, está a poñer en risco a saúde da poboación e do propio persoal sanitario

Desde o BNG chaman á veciñanza de Gondomar a denunciar esta situación, tamén de xeito directo, a través da presentación de reclamacións no propio Centro de Saúde

Ler novas
Concello de Gondomar
Asemblea Aberta

O BNG de Gondomar mellora coas súas propostas o proceso de humanización da Praza Manuel Alonso

O decálogo de propostas da fronte nacionalista, asumido polo Goberno municipal e que inclúe demandas da veciñanza, recolle un plan de ordenación do tráfico e aparcamento, durante e despois das obras, e medidas para garantir o funcionamento do comercio e os servizos

Manuela Rodríguez: “Esixiremos ao Goberno local que cumpra de maneira estrita este decálogo de melloras, que son as condicións para que esta obra se materialice”

Ler novas