BNG de Gondomar
medio ambiente
IMG_9219

BNG aposta pola rexeneración integral da Foz do Miñor

Néstor Rego: "Hai que rematar con esta situación que afecta gravemente ao ecosistema da ría, a súa biodiversidade e tamén repercute nas potencialidades económicas, destruíndo centos de postos de traballo"

As persoas que encabezan as listas do BNG nas vindeiras eleccións municipais en Gondomar, Manuela Rodríguez, por Nigrán, Xavier Rodríguez, e Iago Pereira, de Baiona, acompañan o deputado nacionalista

Ler novas
eleccións municipais
Foto_Área Metropolitana BNG_Vigo_12_05 (2)

Pontón coloca ao BNG como garante para impulsar á área metropolitana de Vigo desde a cooperación entre concellos

Ante a confrontación, destaca a política responsable do Bloque para mellorar a vida dunha poboación de 540.000 persoas desde a cooperación

Xabier P. Igrexas, candidato a Alcaldía de Vigo: “Vigo ten que liderar desde a cooperación”

O BNG presenta un decálogo de prioridades para desbloquear a área metropolitana en ámbitos como a mobilidade, economía ou infraestruturas

Ler novas
eleccións municipais
CandidaturaBNGGondomar

O BNG presenta unha candidatura solvente e capaz para facer un Gondomar novo, dinámico e participativo

A organización nacionalista aposta nun equipo disposto a traballar por e para a veciñanza e que sae a gañar nas eleccións municipais para converter Gondomar nun concello para vivir e non só para durmir.

Manuela Rodríguez, candidata á Alcaldía: “Chamamos a converter en apoios ao BNG todo o descontento co goberno actual, para que as persoas pasen a ser o centro das políticas municipais no noso concello. Un concello BNG é garantía de mellora na calidade de vida da veciñanza”.

Ler novas
eleccións municipais
IMG_9953

O BNG de Gondomar cualifica de “indecencia antidemocrática” a fichaxe dun tránsfuga na candidatura de Paco Ferreira

A fronte nacionalista censura a incorporación de Manuel Gómez na lista socialista, após ser expulsado en 2009 por asinar a moción de censura contra o Goberno do Bloque. Esixe aos socialistas que rectifiquen “por hixiene democrática” unha decisión que vai en contra do Pacto Antitransfuguismo.

Manuela Rodríguez: “Ante un PSOE desesperado que bota man de tránsfugas que lle fixeron o traballo sucio ao PP, dende o BNG de Gondomar presentamos unha candidatura honesta, comprometida e fiábel”

A candidata nacionalista esixe aos socialistas que rectifiquen “por hixiene democrática” unha decisión que vai en contra do Pacto Antitransfuguismo

Ler novas
Vídeo

Vídeo BNG - Comercio Local Gondomar

Neste vídeo amosamos a situación do pequeno comercio en Gondomar. Cada vez son máis os locais baleiros, pechados.

O Goberno de Paco Ferreira non é quen de xestionar o crecemento do concello e está a facer del unha vila dormitorio, incapaz de conseguir un Gondomar para vivir.

Ler novas
Comercio Local
FotoEncontroComercio

O BNG aposta por lle devolver a vida ao comercio local e de proximidade en Gondomar

Manuela Rodríguez: "É fundamental a dinamización do comercio local desde o goberno municipal con medidas que contribúan ao seu desenvolvemento e subsistencia.

Recollemos as propostas para o sector que representantes da pequena empresa local nos trasladaron no encontro realizado o mes pasado. Fixemos algo tan simple como reunirnos co sector para o escoitar, algo que non foron quen de facer nin a concelleira de comercio nin o Alcalde, acostumado a gobernar dende o Facebook.”
 

Ler novas
Autoestrada AG-57
ObraXuntaPonte

O BNG de Gondomar propón á Xunta que faga gratuíta a AG-57 como alternativa ás obras contra as inundacións

A fronte nacionalista lamenta que nin o Goberno galego nin o municipal conten cun plan para canalizar o intenso tráfico que circula a diario pola ponte de Curros Enríquez, que será demolida

Manuela Rodríguez: “Nin a estrada Vincios-Couso nin o centro de Gondomar poden soportar tanto vehículo, e os camións e autobuses simplemente quedarían atascados”

Ler novas