O BNG demanda do PP e PSOE a convocatoria do pleno da Mancomunidade do Val Miñor

Foto pleno mancomunidade
Foto pleno mancomunidade

Instan á comisión de goberno, formada polos alcaldes de Baiona, Gondomar e Nigrán, a exercer as súas funcións, a comezar por convocar o pleno trimestral que tocaba no mes de marzo

Os sucesivos presidentes, tanto o actual, Juan González, alcalde de Nigrán, como Sito Almuíña, de Baiona, ou Paco Ferreira, de Gondomar, danse relevo un ano tras doutro, de xeito rutineiro no cargo e sen ningunha intención de impulsar a Mancomunidade

O BNG demanda do PP e PSOE a convocatoria do pleno da Mancomunidade do Val Miñor

O BNG dos tres concellos miñoráns volve denunciar ‘o continuado desleixo’ de PP e PSOE coa Mancomunidade do Val Miñor. Os portavoces nacionalistas de Baiona, Gondomar e Nigrán sinalan que o deixamento nas funcións das presidencias dos últimos anos está a deteriorar os servizos mancomunados e afirman que “os sucesivos presidentes, tanto o actual, Juan González, alcalde de Nigrán, como Sito Almuíña, de Baiona, ou Paco Ferreira, de Gondomar, danse relevo un ano tras doutro, de xeito rutineiro no cargo e sen ningunha intención de impulsar a Mancomunidade”.

 

Iago Pereira e Manuela Rodríguez, representantes na Mancomunidade polo BNG de Baiona e Gondomar, respectivamente, sinalan que “ese desinterese das diferentes presidencias de PSOE e PP é un obstáculo para a mellora e o correcto funcionamento dos xa escasos servizos mancomunados, como a piscina ou o grupo de emerxencias supramunicipal (GES)”. Como exemplo, os acordos tomados hai xa un ano logo do debate impulsado polo BNG, fundamentais para rematar coa absoluta precariedade nas condicións de traballo e das instalacións do servizo de emerxencias “aínda non se levaron a efecto”, lamentan.


E por iso que os voceiros nacionalistas denuncian que o pleno trimestral da Mancomunidade, que correspondía celebrar o pasado día 12 de marzo, non fora celebrado, e instan a convocalo á maior brevidade para que “o desinterese dos alcaldes polo funcionamento da entidade non impida o noso labor de de fiscalización do traballo da comisión de goberno, e que poidamos debater as nosas propostas e alternativas na defensa dos intereses da veciñanza do Val Miñor”.

O BNG demanda do PP e PSOE a convocatoria do pleno da Mancomunidade do Val Miñor