BNG de Gondomar
Concello de Gondomar
Aparcadoiro xa pechado

O BNG denuncia que o desgoberno de Paco Ferreira deixa Gondomar sen outro aparcadoiro no centro da vila

Despois de mantelo en situación irregular máis de tres anos, o Concello é obrigado a desaloxar o leira-aparcadoiro da Avda do Conde

O suposto contrato de alugueiro que anunciara o Alcalde en 2023 nunca se chegou a asinar; aínda así o Concello seguiu a usar a parcela de xeito improvisado, sen urbanizar minimamente, e a veciñanza dos edificios lindantes soportando as consecuencias

Ler novas
mancomunidade
PortavocesBNGValdeMiñor

O BNG denuncia que PSOE e PP impiden a revitalización da Mancomunidade de Concellos do Val de Miñor

No proceso de modificación dos estatutos, os alcaldes de Baiona, Gondomar e Nigrán rexeitaron as emendas do BNG destinadas a reforzar a participación, a pluralidade política e a gobernanza compartida da entidade

O Bloque lamenta a oportunidade perdida de converter a Mancomunidade nun verdadeiro instrumento de cooperación ao servizo da veciñanza

Ler novas
Concello de Gondomar
Voceira do BNG

O BNG reclama a Xunta a inclusión do Concello de Gondomar no novo financiamento para o SAF

Se Gondomar queda fóra, deixará de ingresar medio millón de euros para un servizo que, aínda así, seguiría a ser deficitario para o Concello cando debería ser financiado integramente entre a Xunta e o Estado

Manuela Rodríguez, portavoz municipal do BNG: “Se ben Ferreira debería explicar por que non asinou o acordo coa Xunta cando el mesmo o aprobou na Executiva da FEGAMP, é ‘indecente’ que goberno do PP de Rueda pretenda precarizar aínda máis o servizo as persoas usuarias e traballadoras do SAF de Gondomar deixando fóra ao noso concello”

Ler novas
Mobilidade
BNG e traballadorxs Lugove estación autobuses Gondomar

O BNG denuncia a ‘complicidade’ da Xunta cos incumprimentos e a precariedade laboral no servizo de transporte do Val Miñor

O deputado Paulo Ríos, acompañado de cargos do BNG dos tres concellos do Val, reuniuse cos representantes da CIG no Comité de Empresa de Subus Lugove para analizar as graves irregularidades da concesión en materia laboral

Paulo Ríos, deputado do BNG: “A Xunta debe poñerse do lado dos traballadores e traballadoras, esixir á empresa que cumpra estritamente o recollido no contrato en materia laboral e atender de forma inmediata as demandas do persoal"

Ler novas
medio ambiente
Confluencia ríos Miñor e Zamáns

O BNG denuncia o ‘irresponsábel atraso’ de 14 anos das obras para reducir os efectos das enchentes no concello de Gondomar

Á solicitude dunha copia do novo proxecto para a prevención das inundacións, o goberno galego responde que aínda está ‘en fase de supervisión técnica’

Carmela González, deputada parlamentar: “Confírmase outro incumprimento de Augas de Galicia, que prometera o inicio das obras para este verán”

Manuela Rodríguez, portavoz municipal: “O atraso é o resultado de anos de desencontros e acusacións cruzadas entre a Xunta e o Concello. PP e PSOE poñendo sempre os seus intereses partidistas por riba interese da veciñanza”

Ler novas