O BNG de Gondomar rexeita a privatización da auga e saneamento
A formación nacionalista critica que o goberno local aposte pola concesión privada destes dous servizos nun contrato a vinte anos que os encarece e non resolve as necesidades reais da veciñanza
O BNG demanda do PP e PSOE a convocatoria inmediata do pleno da Mancomunidade do Val de Miñor para fortalecer o seu funcionamento
Instan á Comisión de goberno, formada polos alcaldes de Baiona, actual presidente, de Gondomar e de Nigrán, a exercer as súas funcións, a comezar por celebrar os plenos trimestrais que levan sen convocar máis de un ano
Manuela Rodríguez, Iago Pereira e Xavier Rodríguez, portavoces do BNG en Gondomar, Baiona e Nigrán, respectivamente, sinalan que “ese desinterese das diferentes presidencias de PSOE e PP é un obstáculo para a mellora e o correcto funcionamento dos xa escasos servizos mancomunados, como a piscina ou o grupo de emerxencias supramunicipal (GES)”
O BNG pon en evidencia un PP que vota a en contra de protexer a serra da Groba no Parlamento
O deputado Brais Ruanova defendeu un si rotundo á serra da Groba mentres o PP opta por un modelo de espolio dos recursos e de capital foráneo
O BNG afea ao PSOE a “contradición” de defender o ‘Non á guerra’ mentres aumenta o gasto militar e asume en Vigo o desfile do Día das Forzas Armadas para exaltar o militarismo
O grupo provincial nacionalista defende o uso dos cartos de Defensa para os servizos públicos e sinala que “a paz non se defende con bombas”
O BNG pide na Deputación un compromiso institucional coa paz e o rexeitamento ao desfile das Forzas Armadas en Vigo
A deputada Manuela Rodríguez chama a apoiar a manifestación contra o militarismo convocada pola Plataforma Galiza pola Paz para o 30 de maio
Aprobada en Gondomar a moción do BNG a favor da paz e contra o militarismo
A iniciativa do Bloque fai parte da súa campaña “Na Galiza: paz, soberanía, dereitos”, de reafirmación do seu compromiso co pacifismo, o antiimperialismo e a defensa da soberanía dos pobos
Manuela Rodríguez, portavoz municipal do BNG: “Chamamos a apoiar activamente a mobilización en rexeitamento do desfile das Forzas Armadas españolas o 30 de maio en Vigo, porque a paz non se constrúe a través da exhibición de forza nin da acumulación de armamento, senón mediante políticas activas de cooperación, solidariedade internacional, xustiza social e respecto aos dereitos humanos e á soberanía dos pobos”
O BNG edita un novo boletín informativo coas súas iniciativas para mellorar a calidade de vida da veciñanza de Gondomar
O Bloque Nacionalista Galego de Gondomar vén de editar un novo boletín informativo no que dá conta dalgunhas das súas iniciativas políticas dos últimos meses, encamiñadas a mellorar da calidade de vida da veciñanza do concello, ademais dunha entrevista á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón.
O BNG chama a aproveitar ata o último día para presentar alegacións contra os parques eólicos na Serra da Groba
A deputada nacionalista Manuela Rodríguez subliña na Deputación que é preciso impedir que se instale o primeiro muíño “para non abrir a veda”
O BNG solicita á Deputación beirarrúas ou senda peonil nas estradas provinciais de Gondomar a Chaín e Peitieiros
A deputada provincial Manuela Rodríguez denunciou a existencia de problemas de mobilidade peonil e inseguridade, xa que a veciñanza ten que transitar directamente pola calzada pola falta de beiravías de paso