BNG de Gondomar
urbanismo
ImaxeBorradorPXOMGondomar

O BNG de Gondomar solicita a convocatoria inmediata da comisión especial de seguimento do PXOM

O Bloque Nacionalista Galego, a través da súa portavoz municipal Manuela Rodríguez, vén de solicitar a convocatoria inmediata da Comisión informativa especial de asesoramento e seguimento do PXOM, co obxecto de que o alcalde explique os ‘supostos avances’ na redacción do Plan Xeral de Gondomar.

Insta a Ferreira a explicar as razóns da ocultación e a parálise do planeamento urbanístico do concello

Ler novas
xestión do lixo
Foto Voceira BNG Gondomar

O BNG de Gondomar lembra á veciñanza o prazo para solicitar o desconto na taxa do lixo por uso do punto limpo

A bonificación do 10% por realizar, polo menos, catro entregas no ano anterior debe solicitarse por rexistro no Concello ou en ORAL e o prazo remata o 31 de marzo.

Lembran que tamén se poden solicitar descontos por baixos ingresos, por determinadas circunstancias familiares, de discapacidade ou dependencia, así como o aprazamento ou fraccionamento do pago. Tamén está aberto o prazo para locais industriais e tendas de alimentación que reduzan residuos a través de xestores autorizados.

Manuela Rodríguez, portavoz municipal: “Esta é unha información que debería dar o Concello cada ano, sobre todo neste en que muda a ordenanza e o importe a pagar pega unha subida desorbitada froito do afán recadador do goberno Ferreira”

Ler novas
Concello de Gondomar
WhatsApp Image 2026-03-10 at 00.38.34

O BNG insta ao goberno local a elaborar un protocolo de prevención do acoso laboral específico para o Concello

A portavoz municipal nacionalista traslada por escrito, ao igual que espuxera no pleno, as eivas que presenta o protocolo da Mancomunidade ao que se vén de adherir o Concello e insta tamén a redactar o preceptivo plan de igualdade para a entidade local

Manuela Rodríguez: “O máis importante dun documento como este, o seu maior valor, reside en que asegure un proceso garantista. E traen un copia e pega que non serve para garantir dereitos? Deberían presentar un protocolo propio do Concello, desde o BNG levamos seis anos solicitándoo, sen tempo non foi”

Ler novas