Ana Miranda: “Temos que acadar o saneamento da Foz do Miñor igual que acadamos o saneamento da Ría do Burgo”

Ana Miranda no centro xunto a representantes do BNG de Baiona, Gondomar e Nigrán
Ana Miranda no centro xunto a representantes do BNG de Baiona, Gondomar e Nigrán

O saneamento da auga é unha das prioridades do Bloque en materia medioambiental nas vindeiras eleccións europeas

Ana Miranda: “Temos que acadar o saneamento da Foz do Miñor igual que acadamos o saneamento da Ría do Burgo”

eurodeputada do BNG e candidata ás eleccións europeas, Ana Miranda, comprometeuse a trasladar ás institucións europeas, novamente, a contaminación da Foz do Miñor e así acadar o seu total saneamento. Precisamente o saneamento dos ríos e das rías constitúe unha das prioridades do BNG en materia medio ambiental, “fronte ao desleixo manifesto do PP”, pero tamén un dos eixos do traballo nestes anos da eurodeputada nacionalista.

Temos que acadar o saneamento da Foz do Miñor igual que grazas ao traballo continuado do BNG acadamos o saneamento da Ría do Burgo”, destacou Miranda na visita que realizou a ese espazo natural xunto os portavoces municipais de Gondomar, Baiona e Nigrán, Manuela Rodríguez, Iago Pereira, e Xavier Rodríguez, respectivamente. A respecto da ría do Burgo a eurodeputada do Bloque salientou a importancia que fixo a esta ría unha delegación internacional impulsada polo BNG na Eurocámara tras a denuncia presentada na Comisión de Peticións da Eurocámara.

Se temos que denunciar esta contaminación da Foz do Miñor na Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, farémolo”, manifestou a eurodeputada galega. Pola súa banda, segundo explicaron os representantes municipais de Gondomar, Baiona e Nigrán no transcurso da visita, gran parte da contaminación da Foz está provocada polas deficiencias da depuradora de Gondomar, “mal dimensionada, pendente de ampliar e pendente de mellorar por parte do goberno da Xunta”.

Cloaca a ceo aberto”

A EDAR recibe un caudal de augas fecais e pluviais que superan a capacidade da instalación, o que produce desbordamentos que acaban no río, na foz e no mar”, explicaron, ao tempo que engadiron que este continuo desbordamento sumado a outros verquidos incontrolados fai que a Foz sexa denominada como "cloaca a ceo aberto".

Tanto Manuela Rodríguez, como Iago Pereira e Xavier Rodríguez denunciaron que a Mancomunidade do Val Miñor incumpriu o compromiso expresado polos alcaldes do PSOE antes das eleccións municipais de completar un estudo sobre a contaminación deste espazo natural.

Ana Miranda: “Temos que acadar o saneamento da Foz do Miñor igual que acadamos o saneamento da Ría do Burgo”