Concello de Gondomar
O Concello de Gondomar multa con 600€ ao BNG por unha campaña a prol da seguridade viaria
19/xan./2026
O goberno local impón esa sanción ao Bloque pola colocación duns carteis que visibilizaban problemas existentes en distintas estradas do concello e sinalaban a administración responsable de cada unha
Manuela Rodríguez, portavoz municipal do BNG: “Ferreira utiliza a vía da sanción económica para tratar de tapar a boca á quen lle planta cara, como medida represora. Manda a mensaxe ‘se criticas, pagas’, moi acorde co seu perfil intolerante e prepotente, nada novo en Gondomar”